Friday 17 de May de 2024

O primeiro torneo de tenis praia de Noia reúne a máis de corenta participantes


A primeira edición do Torneo Tenis Praia de Noia, celebrado este sábado nas pistas de volei-praia do Paseo Marítimo noiés, reuniu a máis de corenta participantes, entre todas as categorías convocadas: infantil, individual (masculino e feminino) e dobres (masculino, feminino e mixto). Un evento organizado polo Club Master Tenis Noia, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Noia.

O coordinador do torneo, Rubén Seijo, asegura que “estamos moi contentos da participación acadada, sobre todo porque é a primeira vez e había moito descoñecemento do que era isto. De feito, houbo xente que non entendía que se fose xogar ao tenis na praia, xa que a bola non botaría na area, e cando nos viron se deron conta de que non é máis co xogo das palas de praia de toda a vida e ao que todo o mundo pode xogar”.

O torneo comezou ás 10:00 horas de hoxe sábado e durante a xornada de mañá se desputaron os encontros da fase de grupos, de xeito que pola tarde terán lugar as eliminatorias e finais. “É un deporte no que pode participar todo o mundo, que se xoga ao aire libre e é moi divertido”, explica Rubén Seijo, quen adianta que “tanto a experiencia como a reacción da xente foron moi positivas polo que estamos seguros de repetir, incluso varias veces ao longo do ano”.

O primeiro torneo de Tenis Praia de Noia está organizado polo Club Master Tenis Noia e Rubén Seijo, actividades dirigidas y ocio. Conta coa colaboración do Concello de Noia, Liceo de Noia, Rekord Sport, Cafetería Equs, Lupyta, Exdeal, Gadis,. Romero Hermo e Restaurante Mamma Mía.